arriba
Martes, 5-Xullo-2022

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorO CIFP Portovello é premiado pola Xunta de Galicia polo proxecto “Ac...


Xoves, 2-Xuño-2022
O CIFP Portovello é premiado pola Xunta de Galicia polo proxecto “Actualización e optimización de aplicación informática simuladora de servizo de teleasistencia” - Foto

O CIFP Portovello é premiado pola Xunta de Galicia polo proxecto “Actualización e optimización de aplicación informática simuladora de servizo de teleasistencia”

Persoa de referencia: Claudio Pan Carollo

O proxecto “Actualización e optimización de aplicación informática simuladora de servizo de teleasistencia” resultou premiado na convocatoria 2022 de premios a proxectos de innovación na FP.

En 2015 culminouse a construción dun aplicativo web que simulaba un servizo de teleasistencia, unha ferramenta pioneira na familia de SSC que naceu coa intención de dar servizo a todos os centros formativos que imparten a titulación de Atención a persoas en situación de dependencia na nosa Comunidade. O paso do tempo e a aparición de novas ferramentas informáticas, fixo que o aplicativo perdera parte do seu valor didáctico pois xa non responde as necesidades actuais dunha ferramenta deste tipo.

Con este proxecto búscase actualizar a aplicación de simulación existente, incorporando novas opcións que dean resposta ás necesidades educativas actuais, resolvendo as suxestións recollidas ao longo destes últimos anos.

O traballo ten dúas finalidades, unha didáctica, que permita dar resposta a situacións reais do perfil profesional e outra dixital axudando a formar novas xeracións de profesionais en todos os centros que imparten o Ciclo de APSD na nosa comunidade.

Trátase dun proxecto no que o CIFP Portovello, dende o Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade (Ciclo Medio de atención a persoas en situación de dependencia), participa como centro coordinador xunto cos seguintes colaboradores:

  • CIFP Ánxel Casal – Monte Alto (A Coruña). Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade no Ciclo Medio de atención a persoas en situación de dependencia.
  • CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol). Departamento de Informática e Comunicacións no Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web (DAW).


Mais noticias...