arriba
Venres, 12-Agosto-2022

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorAula de Tecnoloxía Aplicada eCommerce B2C Portovello


Luns, 27-Xuño-2022
Aula de Tecnoloxía Aplicada eCommerce B2C Portovello - Foto

Aula de Tecnoloxía Aplicada eCommerce B2C Portovello

O CIFP Portovello pon en marcha a Aula de Tecnoloxía Aplicada. Alumnado de primeiros cursos de comercio xa puido utilizar o equipamento dispoñible na aula e testear o software B2C Portovello para a creación de tendas en liña, pero non será ata o viendeiro curso escolar cando a Aula de Tecnoloxía Aplicada poida utilizarse a pleno rendemento.

O obxectivo da Aula de Tecnoloxía Aplicada é dotar ao alumnado dos coñecementos e ferramentas necesarias para desenvolver exitosamente a súa carreira no sector comercial, toda vez que se achega desde o centro educativo á realidade do emprendemento a través da innovación.

A Aula de Tecnoloxía Aplicada eCommerce B2C Portovello conta con cinco áreas para a simulación dun proceso completo de comercialización en liña.
1. Área de fotografía de produto e impresión 3D.
Nesta área o alumnado poderá fotografar os produtos que posteriormente serán subidos a correspondente páxina web. Esta área dotada do equipamento necesario para a realización de fotografía optimizada de produto, produto en 360º e realización de vídeo. Anexo a aula habilitouse o Taller de Chroma de fotografado de produto.
Así mesmo, cóntase cunha impresora 3D para aquel alumnado que propoña o deseño, impresión en 3D e comercialización online dos seus propios deseños.

2. Área de creación de páxinas web.
Dotada con equipos informáticos así como co software B2CPortovello de xeito que o alumnado poida experimentar nun entorno real a creación de páxinas web.

3. Área de xestión comercial.
Esta área esta adicada ao deseño de campañas de marketing online e deseño de estratexias de posicionamento.
4. Área de tecnoloxía aplicada a xestión do almacén, dotada con TPV virtual, lector e impresora de códigos de barras para a xestión do almacén e o control do stock.

5. Área de traballo colaborativo.
Esta área está habilitada para que o alumnado poida desenvolver o proceso ensino aprendizaxe nun entorno pedagóxicamente colaborativo. Así pois está dotado de mobilidario que segue a arquitectura pedagóxica establecida pola Consellería de Educación.


Aula de Tecnoloxía Aplicada eCommerce B2C Portovello - Foto 2
Aula de Tecnoloxía Aplicada eCommerce B2C Portovello - Foto 3
Aula de Tecnoloxía Aplicada eCommerce B2C Portovello - Foto 4


Mais noticias...