arriba
Venres, 12-Agosto-2022

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorA FP DUAL, NO CIFP PORTOVELLO, EMPREGA AO 90% DO ALUMNADO


Venres, 15-Xullo-2022
A FP DUAL, NO CIFP PORTOVELLO, EMPREGA AO 90% DO ALUMNADO
 - Foto

A FP DUAL, NO CIFP PORTOVELLO, EMPREGA AO 90% DO ALUMNADO

O Portovello ofrece prazas no sector comercial alimentario e de xestión de vendas, asegurando unha empregabilidade do 90% do alumnado.
A modalidade dual combina a formación no centro educativo con prácticas remuneradas en empresas locais.
O CIFP Portovello aposta pola modalidade dual na especialidade de Comercialización de Produtos Alimentarios e Xestión de Vendas, cun 90% de éxito de incorporación ao mercado laboral.
Empresas locais como Gadis, Froiz, Grupo Cuevas ou Carrefour acolleron a un total de 12 alumnos e alumnas que decidiron orientar a súa formación cara á comercialización de produtos alimentarios e a coordinación e xestión dun comercio alimentario.

Outras empresas coñecidas no sector comercial, como Pérez Rumbao, Ad Grupo Regueira, Lidl, Arenal, Sprinter ou Leroy Merlin, participan na formación do alumnado de Xestión de Vendas e Espazos comerciais. Un total de 13 alumnos e alumnas que buscan xestionar as operacións comerciais de compravenda e distribución de produtos e servizos.
Ao alumnado participante na modalidade dual, que segue o seu curso na actualidade, “non lle faltará ofertas de emprego tal e como sucedeu a todo o alumnado que completou a súa formación dual con anterioridade”, como asegura Rubén Ansia, coordinador de FP Dual no CIFP Portovello.

OFERTA FP DUAL CIFP PORTOVELLO

A FP DUAL ofrece unha modalidade de formación profesional que busca a cualificación profesional do alumnado nun réxime de alternancia combinando a formación no centro educativo coa formación e a actividade profesionalizadora na empresa, con prácticas remuneradas dende o primeiro día.
O alumnado ten contacto directo coa empresa, mellorando as súas competencias profesionais así como a súa empregabilidade, adquirindo experiencia laboral, cun contrato remunerado dende o primeiro día.

Oferta CIFP Portovello:
Ciclo Medio de Comercialización de produtos alimentarios.

Ciclo Superior de Xestión de Vendas e espazos comerciais.



Mais noticias...