CONVALIDACIÓN DE MÓDULOS
A convalidación de módulos pódese solicitar na Secretaría do centro ata o venres 7 de outubro.
Recordade que tedes que presentar o formulario firmado que tedes na sección de "Alumnado"<"Trámites e documentación" xunto coa certificación acreditativa correspondente.
Podes descargalo nesta ligazón: https://www.cifpportovello.gal/Archivos/Tramites/4418.pdf
O alumnado do réxime de distancia pode facer entrega da documentación no correo electrónico do centro: cifp.portovello@edu.xunta.gal indicando no asunto da mensaxe "Solicitude de convalidación de módulos" e no corpo da mensaxe indicar o nome e o DNI. Para a correcta solicitude é imprescindible achegar na mensaxe o formulario cuberto e firmado e as certificacións correspondentes.