arriba
Sábado, 3-Decembro-2022

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorHalloween no Portovello


Martes, 22-Novembro-2022
Halloween no Portovello - Foto

Halloween no Portovello

O Departamento de Idiomas desenvolve actividades co gallo da festividade do Samaín/Halloween.

O alumnado de 1º curso dos Ciclos de Administración e Finanzas e Asistencia a Dirección participou na preparación e presentación de traballos en grupo sobre Halloween. Utilizando diferentes ferramentas de creación de presentacións como Canva, Genially ou Google Power Point fixeron unha busca previa de información e presentaron oralmente o resultado final en inglés. A experiencia completouse cun obradoiro de “ORIGAMI PAPER CRAFT” no que seguindo tutoriais en video amosaron as súas habilidades elaborando decoracións con papel de elementos relacionados con Halloween como morcegos, pantasmas, caveiras, gatos, etc.

Aquí podedes ver unha mostra dalgunhas das súas creacións.

O 1º curso de Xestión Administrativa traballou esta temática a partir dunha canción que serviu de partida para mellorar a súa comprensión e expresión oral en inglés.


Halloween no Portovello - Foto 2


Mais noticias...