arriba
Sábado, 3-Decembro-2022

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorExperiencia de colaboración


Mércores, 23-Novembro-2022
Experiencia de colaboración - Foto

Experiencia de colaboración

Persoas de referencia: Manuel Domínguez Cuquejo profesor do departamento de FOL e Víctor Domínguez Baños profesor do departamento de Comercio e Márketing. 

Alumnado implicado: alumnado de segundo ano do ciclo superior de Educación Infantil B (Empresa e Iniciativa Emprendedora) e alumnado do ciclo medio de Actividades Comerciais (Venda Técnica)

Neste experiencia de colaboración o alumnado de Educación Infantil presenta o seu proxecto de empresa ao alumnado de Actividades Comerciais quen o asesora sobre estratexias de marketing e técnicas de venda. A actividade desenvolveuse neste primeiro trimestre do curso.

Non só se trata dunha actividade de colaboración entre ciclos de diferentes familias profesionais e graos, senón tamén entre alumnado e profesorado do edificio A e do edificio B do noso centro.

Que aprende o alumnado de Actividades Comerciais con esta experiencia?

  • Coñecer proxectos de empresas do ámbito social.
  • Achegarse ao perfil profesional do/a técnico superior da Educación Infantil.
  • Colaborar con profesionais doutros sectores.

Que aprende o alumnado de Educación Infantil con esta experiencia?

  • Coñecer estratexias de marketing para os seus proxectos empresariais.
  • Achegarse ao perfil profesional do/a técnico de Actividades Comerciais.
  • Deseñar o marketing da súa empresa.
  • Colaborar con profesionais doutros sectores.

Experiencia de colaboración - Foto 2
Experiencia de colaboración - Foto 3
Experiencia de colaboración - Foto 4


Mais noticias...