
Minuto de silencio no 25N
En conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, gardamos un minuto de silencio ás 12:00 horas do venres, 25 de novembro, nas entradas de ambos edificios do CIFP Portovello, en recordo e homenaxe a todas as vítimas da violencia de xénero e como mostra de repulsa ante un problema estrutural, que nos involucra a toda a sociedade.