
Encontro "Programa de lectura para o éxito educativo" Lecxit
O pasado 11 de xaneiro, a Biblioteca Blanco Amor, acolleu unha charla sobre o programa Lecxit de apoio á lectura, a mans da súa responsable, Aida Soraluce, da Fundación Meniños, entidade de acción social, sen ánimo de lucro e especializada na protección da infancia e adolescencia.
O alumnado de 1º do Ciclo Superior de Educación Infantil e Integración Social coñeceu de primeira man as características do programa Lecxit que persegue a mellora da comprensión lectora como competencia básica para incrementar o éxito escolar.
O programa foi acollido con éxito polo noso alumnado co resultado da inscrición de máis de 25 voluntarias e voluntarios.