
Proxecto de Formación: Adaptación de SAP a aula
Proxecto seleccionado na convocatoria de proxectos de formación do profesorado de formación profesional que se van implantar no curso 2022-2023
Departamentos participantes: Administración e Comercio
Duración: 50 horas
Durante o terceiro trimestre deste ano 2022/23 os departamentos de Administración e Comercio formaranse en SAP, que é un ERP (Enterprise Resource Planning) para grandes empresas, o que permitirá deseñar actividades para poder ser utilizadas polo alumnado nas aulas.
Nunha primeira fase o equipo formarase para coñecer a ferramenta, posteriormente elixirá os módulos idóneos para ser utilizados como pilotos e finalmente analizará, deseñará, planificará e adaptará a ferramenta á aula.
Esta primeira fase servirá para obter como produto final un Anteproxecto para a presentación aos Premios de Innovación do ano que ven que, de ter éxito, permitiría a financiación necesaria para continuar cunha segunda fase que consistiría na utilización de SAP na aula por parte do alumnado.