
Librería Humana Portovello
O día 2 de marzo, levarase a cabo no CIFP Portovello a primeira edición da Librería Humana.
Nela participarán diversas persoas que veñen a contarnos a súa experiencia de vida. Vanse reunir un total de 12 libros humanos de diversos colectivos e 150 persoas lectoras. O alumnado de primeiro de Integración Social é o encargado de organizar a actividade, coa colaboración voluntaria do alumnado de APSD, e acompañar aos libros para que se sintan cómodos nesta primeira edición da Librería Humana.
O proxecto pretende visibilizar cada unha das características destes colectivos a nivel social e compartir coñecementos con cada persoa nun entorno seguro e cómodo.