
Novidades na Biblioteca EBA Portovello
Chegamos a marzo con novos fondos na nosa Biblioteca. Desta volta incorporamos novidades na sección de Banda Deseñada, Música, Literatura Infantil, Feminismo e Educación. Ademais, trala visita de Rubén Riós, co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro e da Lingua Materna, contamos con varios exemplares máis do seu libro, "Arrieiros, somos". Todos eles dispoñibles na Biblio.