arriba
Mércores, 26-Setembro-2018

 

 
PortadaseparatorNoticiasseparatorAviso importante sobre a matrícula do réxime modular.


Aviso importante sobre a matrícula do réxime modular.


matricula
Mércores, 12-Setembro-2018

Lembrámoslles as instrucións da Dirección Xeral en canto ás reservas/matrículas en réxime para persoas adultas.

En modalidade presencial: é imprescindible acudir ao centro de FP antes do día 14 de setembro ás 13:00 horas para solicitar a matrícula dos módulos que teña reservados. De non formalizar a matrícula reservada no centro de FP e no prazo establecido (en todo caso antes das 13:00 horas do 14 de setembro) a reserva quedará anulada e os módulos poderán ser adxudicados ás persoas da listaxe de espera.

A matrícula non se considerará realizada e válida sen este trámite de presentación de solicitude de matrícula no centro. É necesario que o centro comprobe a compatibilidade horaria dos módulos dos que solicita matricularse.

Na modalidade a distancia non será necesario acudir ao centro para formalizar a matrícula. Os módulos que figuren reservados ao remate da 1ª adxudicación extraordinaria de setembro (do 4 ao 7 de setembro ás 13:00 horas) serán os módulos que finalmente figuren na matrícula. Será necesario achegar ao centro o resgardo do pago do seguro escolar no caso das persoas obrigadas ao seu pagamento. Tamén será necesario achegar calquera outra documentación que o centro demande para realizar comprobacións de datos de identidade ou dos requisitos de acceso.

O carácter definitivo da matrícula queda condicionado a:

.- Que exista un número mínimo de solicitudes de matrícula admitidas segundo o establecido na normativa vixente.

.- Que se entregue a documentación que solicite o centro no caso de precisar calquera comprobación documental dos requisitos de acceso a ciclos ou dos datos de identidade.

.- Que se presente o resgardo de abono do seguro escolar (ou ser unha persoa excluída do seu pago) cando o solicite o centro ou, en todo caso, no inicio do curso escolar.

As instrucións sobre o pocedemento de reserva de matrícula están dispoñibles en: http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/7744

Seguro escolar: Están obrigadas ao seu pagamento as persoas menores de 28 anos. Deberán abonar 1,12 euros no número de conta da entidade bancaria

Para máis información, premede AQUÍ.



Mais noticias...