arriba
Luns, 21-Xaneiro-2019

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


Programa Simula SEFED


administracioninnovacion
Luns, 1-Outubro-2018


Profesora de referencia: Dolores María Sarmiento Prieto.


O CIFP Portovello participa no programa Simula SEFED. O grupo de 2º Ciclo Medio de Xestión Administrativa está a participar neste programa no módulo de EMPRESA NA AULA. Son dez alumnos.


Os alumnos traballan nunha empresa simulada “PORTOVELLO Protección, S.L.S” que comercializa equipos de protección individual (EPIs) e textil de seguridade. O programa permite integrarse na rede de empresas simuladas da Fundación Inform. A empresa simulada funciona como unha empresa real que realiza transaccións comerciais con outras empresas simuladas de todo o mundo. Son máis de 7.500 empresas simuladas.


A metodoloxía empregada é a de aprender traballando “learning by doing”. O alumnado vai rotando polos distintos departamentos da empresa simulada de xeito que fai as tarefas propias dos departamentos de recepción , almacén, compras, vendas, markéting, contabilidade, tesourería e recursos humanos. A clase convértese nunha oficina.


A Fundación Inform ofrece a plataforma de soporte para que as empresas simuladas podan facer e recibir pedidos, contratar servizos e suministros, contratar transporte nacional e internacional, realizar operacións con entidades bancarias, presentar documentos ante as Administracións Públicas (Seguridade Social, AEAT, SEPE...). Ofrece tamén un servizo de mensaxería interna, a posibilidade de deseñar unha páxina web para a empresa e de ter unha tenda virtual.


O alumnado de 2º Ciclo Medio de Xestión Administrativa:
• crea a empresa,
• deseña o logo,
• elixe os produtos,
• deseña o catálogo,
• publicita a súa empresa na rede SEFED,
• realiza pedidos de produtos a outras empresas,
• controla as existencias de almacén a través dunha aplicación informática de facturación,
• contrata servizos e suministros (electricidade, auga, teléfono e internet, alquiler, seguros, tasas municipales, asesoramento legal,...)
• recibe pedidos e realiza a facturación dos mesmos,
• contabiliza as operacións realizadas pola empresa nunha aplicación informática de contabilidade,
• realiza as operacións de pagos e cobros a través das entidades bancarias,
• da altas e baixas de traballadores
• confecciona nóminas e seguros sociais
• ...

O contacto con outras empresas da rede SEFED realízase a través da propia plataforma da Fundación Inform, por correo-e, por teléfono e por correo postal.


Esta metodoloxía permite ao alumnado:

⎫ Identificar as características do proxecto de empresa creada na aula, e tomar parte na actividade que esta desenvolve.
⎫ Transmitir información entre as áreas e á clientela interna e externa da empresa creada na aula, con aplicación de técnicas de comunicación.
⎫ Organizar información para explicar os métodos manuais e os sistemas informáticos previstos.
⎫ Elaborar documentación administrativa, identificar as tarefas administrativas de cada departamento da empresa, e utilizar a documentación elaborada para cada unha delas.
⎫ Realizar as actividades derivadas da política comercial, e identificar as funcións do departamento de vendas e compras.
⎫ Atender incidencias, e identificar criterios e procedementos de resolución de problemas e reclamacións.
⎫ Traballar en equipo, e recoñecer e valorar as achegas de cada membro do grupo.



Mais noticias...