
PortOlimpíadas galegas: "Xogando coa tradición"
O EDLG e o alumnado dos primeiros cursos do Ciclo Superior en Educación Infantil organizamos as “PortOlimpíadas galegas: xogando coa tradición”; é dicir, pretendemos traballar no fomento da lingua e das tradicións a través da realización dunha competición en xogos tradicionais e en galego, no contexto do desenvolvemento do Plan Proxecta.
As PortOlimpíadas constarán de tres fases. A primeira realizarase o día 17 de novembro.
Velaquí toda a información ao respecto!