Alumnas do CIFP Portovello viaxan a Portugal para realizar as súas prácticas de Erasmus
Tres das nosas alumnas do ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia comezaron a súa experiencia Erasmus en Portugal para a realización do período de Formación en Centros de Traballo (FCT). Mari Carmen realizará as súas prácticas no Centro de Inclusión da APPACDM de Valença, mentres que Amparo e Susi estarán no Lar Maria Luisa de Vila Nova de Cerveira. Desexámosvos a mellor das sortes e esperamos que esta experiencia vos permita medrar tanto persoal como profesionalmente!