Os equipos de Dinamización da Lingua Galega e da Biblioteca do CIFP Portovello
Como todos os anos por estas datas convocamos o Roteiro "A Esmorga" para toda a comunidade educativa, que levaremos a cabo o vindeiro xoves 29 de novembro. A hora de saída será ás 18:00, da Fonte das Burgas, onde se sitúa a segunda das placas.
Queremos convidarvos, ademais, a participar no I Certame de Microrrelatos "Contra a violencia, hai esperanza", que convocamos no contexto da defensa dos dereitos humanos e dos valores propios da democracia. É unha proposta para toda a comunidade educativa e podedes consultar as bases no arquivo anexo. O prazo de entrega das obras comeza o vindeiro luns 26 de novembro e remata o luns 10 de decembro.
Calquera dúbida quedamos á vosa disposición.