arriba
Luns, 17-Xuño-2019

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


Proxecto "Cuestión de respecto"


innovacion
Xoves, 13-Decembro-2018

Persoa de referencia: Eva Álvarez González


Proxecto: “Cuestión de respecto”. Colaboración APES Prevención e Educación Social e CIFP Portovello. Financiado polo Concello de Ourense.


Temporización: Outubro – Decembro de 2018


Alumnado participante: Grupo 1 formado por alumnado de primeiro A e primeiro B do Ciclo Superior de Educación Infantil, e Grupo 2 formado por alumnado de primeiro de Animación Sociocultural e Turística.


Durante 6 sesións dunha hora de duración trabállase no noso centro, a través de dinámicas, a diversidade cultural, sexual, funcional e de xénero. Ao rematar, o alumnado ten que plantexar un “reto” para traballar coa comunidade algún dos contidos de diversidade vistos.


O 27 de novembro tivo lugar o reto desenvolvido polo Grupo 1. Escolleron traballar a violencia de xénero na Praza Maior da nosa cidade. O reto foi denominado “Saber o que cantas, saber o que escoitas, saber o que bailas”. No reto colaboraron dous internos do centro penitenciario de Ourense.


O luns 3 de decembro tivo lugar o reto plantexado polo grupo 2. Neste caso escolleron traballar a diversidade sexual, e a intervención desenvolveuse no barrio ourensá de As Lagoas as 11:30 h.


Qué aprende o alumnado con este proxecto:


• Planificar e levar a cabo intervencións coa comunidade
• Poñer en valor a diversidade como riqueza na sociedade, nas profesións, nas relacións



Mais noticias...