arriba
Luns, 25-Marzo-2019

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


Proxecto "Xenerando...espazos de reflexión e sensibilización"


innovacion
Xoves, 13-Decembro-2018

Persoa de referencia: Eva Álvarez González


Proxecto: “Xenerando … espazos de reflexión e sensibilización”. Colaboración Asociación Centro Trama e CIFP Portovello.


Temporización: Novembro – Decembro de 2018


Alumnado participante: alumnos e alumnas de primeiro do Ciclo superior de Integración Social que deciden colaborar en horario extraescolar.


O proxecto consiste en visionar cinco curtas sobre a Igualdade de xénero, e elixir tres para a súa proxección o 20 de decembro no Cineclube Padre Feijoo. Alumnado de Integración social e menores de TRAMA visionan xuntos as curtas e debaten, argumentando, para escoller entre elas. Profesionais docentes do CIFP Portovello e profesionais de TRAMA participan nas sesións apoiando os procesos. A primeira sesión tivo lugar no Cineclube Padre Feijoo para coñecer os espazos e funcionamento da entidade, e as seguintes sesións no CIFP Portovello.


Ademáis de elixir as tres curtas, encargaronse de deseñar o cartaz, realización da ficha técnica de cada unha e a preparación da presentación da sesión do 20 de decembro de 2108 no Cineclube Padre Feijoo (Biblioteca Pública de Ourense).


Qué aprende o alumnado con este proxecto:


• Planificar e levar a cabo intervencións centradas na igualdade de xénero
• Coñecer a entidade Asociación Centro Trama
• Tomar decisións en grupo
• Relacionarse con menores en situación de conflicto social
• Manexar a ferramenta do videoforum



Mais noticias...