Participamos no Innovatech FP!
Xa está en marcha unha nova edición do #Innovatechfp e as ideas do alumnado participante do #CIFPPortovello comezan a entrar en ebulición. Que nos deparará esta nova entrega? Iremos despexando as incógnitas próximamente... O programa InnovaTech FP ten como obxectivo principal impulsar a innovación tecnolóxica e o emprendemento industrial, fomentando a creación de empresas de base tecnolóxica entre o alumnado de Formación Profesional. Para logralo, o alumnado de Formación Profesional enfrontarase á resolución de 20 retos tecnolóxicos expostos por empresas, cuxas solucións deberán xerar un impacto positivo no desenvolvemento do medio rural. Moita sorte ás persoas participantes!