arriba
Luns, 17-Xuño-2019

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


Sabes o que cantas?


acfadministracioncelebracionscomercioconvivenciadinamizacionerasmuseventosexamesfctgalegohorariosigualdadeinnovacionmatriculaplurilingueredes-sociaisservizosxeral
Venres, 21-Decembro-2018

O Grupo de Igualdade do CIFP Portovello, “Moraima” preparou para a conmemoración do 25 de novembro “Día Internacional da eliminación da Violencia de Xénero” unha exposición baixo o nome “Sabes o que cantas?”. Nela recóllense bonecas que poñen rostro e escena á violencia machista atopada en diferentes letras de cancións de multitude de xéneros musicais.
O traballo consistiu en investigar diferentes estilos de música analizando as súas letras para pór de manifesto o impacto que pode ter a música na normalización de condutas machistas.
As cancións seleccionadas abranguen dende o ámbito infantil “Don Federico mató a su mujer la hizo picadillo y la echó en la sartén” ata outros xéneros como o rock alternativo de Café Tacuba, "Nena, voy a aprovecharme de ti esta noche. Te capturaré, te comeré viva...".


Sabes o que cantas? - Foto 1
Sabes o que cantas? - Foto 2


Mais noticias...