arriba
Domingo, 20-Xuño-2021

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorAlumnado do ciclo superior de educación infantil visita o Parque bot...


Martes, 15-Xaneiro-2019
Alumnado do ciclo superior de educación infantil visita o Parque botánico do Monte Alegre - Foto

Alumnado do ciclo superior de educación infantil visita o Parque botánico do Monte Alegre

Nunha mañá fría e dominada pola néboa, un grupo de alumnado do ciclo superior de educación infantil realizou no día de hoxe unha saída pedagóxica ao Parque botánico do Montealegre. A visita, relacionada cos módulos de Didáctica da educación infantil e Desenvolvemento cognitivo e motor, achegou ao alumnado a unha outra dimensión da educación ambiental, permitindo realizar unha análise do estado das instalacións e unha valoración de posíbeis usos das mesmas en relación coa educación infantil. 



Mais noticias...