arriba
Venres, 26-Abril-2019

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


Proxecto: Sección Bilingüe e Centro Plurilingüe


innovacion
Venres, 25-Xaneiro-2019

Persoa de referencia: Bienvenido Couso Domínguez

Profesorado participante: Bienvenido Couso Domínguez e Rita Campos López

Proxecto: Sección Bilingüe e Centro Plurilingüe

Temporización: 2018-2019-2020

Sección Bilingüe
Alumnado participante: o grupo de Comercio Internacional (Ciclo Superior de Comercio Internacional modular) cursa o 50% das horas do módulo de FOL en inglés. Utiliza unha metodoloxía práctica con actividades, artículos, exercicios en inglés, botando man da gamificación.


Ciclos Plurilíngües (Estrela FP)

Alumnado participante: alumnado do Ciclo superior de Asistente de Dirección e Ciclo superior de Vendas e Espazos Comerciais. Cursan o 100% das horas do módulo de FOL en inglés no primeiro curso. No curso académico 2019-2020 outro módulo específico da súa especialidade será cursado en inglés no segundo curso.

Ademáis, unha hora á semana, das tres horas de clase de FOL, contan coa figura do auxiliar de conversa, Jake Wasserman, na aula. Colabora no desenvolvemento de actividades prácticas para mellorar a competencia oral do alumnado na lingua estranxeira, mediante o establecemento de comparativa entre a lexislación española, europea e americana, no tocante aos contidos do módulo.

Os recursos metodolóxicos de apoio son os vídeos e a gamificación.

De xeito optativo, o alumnado pode participar nunha actividade formativa complementaria de 2 horas semanais (os luns de 17:00 a 19:00). Nesta actividade cóntase coa participación do auxiliar de conversa, trabállanse contidos e vocabulario da cultura inglesa dun xeito lúdico. Ata o momento celebrouse un Halloween ao que se invitou a alumnado do CIFP Portovello, tamén se preparou a festa de Acción de Gracias na que se elaboraron receitas típicas, e neste intre estase a piques de participar nun Scape Room.

Qué aprende o alumnado con este proxecto:

• Manexar vocabulario inglés específico de FOL e dos módulos específicos da súa especialidade.
• Favorecer a inserción laboral e a competitividade do alumnado nos sectores dos ciclos formativos.
• Desenvolver habilidades de comunicación oral e escrita en inglés, para facilitar o seu desempeño laboral no espazo común europeo.
• Comprender estruturas da lingua inglesa, tanto no eido da comunicación oral como escrita, tanto en ámbitos de expresión xeral como en ámbitos específicos dos sectores produtivos de estudo do alumnado.
• Valorar a cultura dos países de fala inglesa e as interrelacións coa cultura galega.



Mais noticias...